A Alcaldesa de Lugo e o rexedor de Ferrol reivindican, na festividade do San Xiao, autonomía local para ter capacidade de desenvolvemento

Lara Méndez e Jorge Suárez presidiron este domingo os actos do patrón da cidade naval, no que ambos os rexedores fixeron fincapé na necesidade dos dous municipios por melloras as súas comunicacións

Domingo, 07 de xaneiro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa de Lugo e o rexedor de Ferrol reivindican, na festividade do San Xiao, autonomía local para ter capacidade de desenvolvemento

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o rexedor de Ferrol, Jorge Suárez, reivindicaron autonomía local, "para facernos fortes, competentes e para facernos capaces de darlle respostas aos nosos cidadáns, porque será darlle resposta ás nosas cidades, e polo tanto, ter capacidade de crecemento e desenvolvemento de futuro". Así o manifestaron este domingo ao longo dos actos da celebración do San Xiao, patrón da cidade naval, que tiveron lugar esta mañá no teatro Jofre. O acto, no que estiveron presentes membros das súas Corporacións Municipais, arrincou coa sinatura de ouro dos homenaxeados neste acto, tanto os Ferroláns do Ano, que neste ano recibiron o Real Coro Toxos e Froles, en nome de Irmandas da Fala, e o club Universitario Ferrol; como as insignicas de ouro da cidade, que nesta ocasión foron para o fotógrafo Edu Pereira, o comerciante Emilio Castro, o pianista Pablo Galdo, a neumóloga Carmen Diego e o coletivo Adega.
No acto, tanto Méndez como Suárez, que tiveron palabras de recoñecemento para todos e todas as galardoadas así como para enxalzar o irmandamento, fixeron fincapé na necesidade que teñen ambos dous municipios por mellorar as súas comunicacións, como por exemplo as ferroviarias.

A Alcaldesa desexoulle moita sorte a Ferrol na súa candidatura para que logre a Declaración como Patrimonio da Humanidade, "que de seguro que marcará un antes e un despois na cidade", tal e como aconteceu con Lugo tras a declaración da Muralla como Ben Mundial.

Posteriormente, como vén sendo habitual, os rexedores intercambiaron obsequios institucionais. A Banda Municipal de Ferrol púxolle o broche de ouro á xornada, que rematou coa tradicional degustación de arroz con leite.

Multimedia

  • A Alcaldesa de Lugo e o rexedor de Ferrol reivindican, na festividade do San Xiao, autonomía local para ter capacidade de desenvolvemento

Noticias relacionadas