A Alcaldesa de Lugo e o Presidente da Deputación entregan os premios do XXXVIII Rallye San Froilán

Esta proba automobilística é puntuable para o Campionato Galego de Rallyes e tivo un percorrido duns 400 quilómetros

Domingo, 23 de outubro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa de Lugo e o Presidente da Deputación entregan os premios do XXXVIII Rallye San Froilán

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Presidente de Deputación, Darío Campos, participaron este domingo na entrega de premios do XXXVIII Rallye San Froilán, que tivo lugar no Centro Comercial As Termas, co que colaboran o Concello e a Deputación de Lugo.

Esta proba automobilística, que é puntuable para o Campionato Galego de Rallyes, celebrouse os días 21 e 22 de outubro e tivo un percorrido duns 400 quilómetros.

Noticias relacionadas