A alcaldesa de Lugo destaca a importancia de dotar de máis recursos de apoio ás persoas que sofren dano cerebral

Lara Méndez, que participou hoxe no Día do Dano Cerebral, agradeceu “as labores das entidades que como ADACE Lugo están a realizar en prol das necesidades deste colectivo”.

O Concello de Lugo, a través da Área de Benestar, realiza unha achega económica para manter o Centro de Día.

Martes, 26 de outubro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa de Lugo destaca a importancia de dotar de máis recursos de apoio ás persoas que sofren dano cerebral

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou hoxe na conmemoración do Día do Dano Cerebral, organizado por ADACE Lugo, no cal se procedeu á lectura dun manifesto co fin de sensibilizar e informar á poboación sobre a realidade e as necesidades do colectivo de familiares e afectados.

A rexedora destacou a importancia de conmemorar esta data para visualizar e normalizar a situación das persoas que padecen esta doenza, así como de dotar de máis medios e recursos para elas e para a súas familias, “que son un piar fundamental para este tipo de pacientes”.  

Méndez puxo en valor o traballo que están a realizar as entidades deste campo, “entidades como ADACE Lugo, que organiza esta xornada e que desenvolve unha labor encomiable de apoio con programas de autonomía persoal, traballo social, fisioterapia, terapia ocupacional e accións de ocio, tempo libre e inclusión social, entre outras moitas”.

Neste senso, lembrou que o Concello, a través da área de Benestar Social, fai unha achega económica de 8.000 euros a ADACE, que permiten a este colectivo manter o seu Centro de Día. Ao encontro tamén asistiron as concelleira de Muller e Igualdade, Silvia Alonso; Benestar Social, Olga López e Paula Alvarellos, edil de Gobernanza.

ADACE é unha asociación sen ánimo de lucro, de ámbito provincial, creada no 2006 por persoas afectadas por Dano Cerebral Adquirido, as súas familias e outros colaboradores. Conta con preto de 300 socios e entre os seus obxectivos están promover a acollida, información, orientación e asesoramento a familiares e afectados de dano cerebral sobrevido; así como sensibilizar ás institucións públicas e á sociedade en xeral sobre a problemática do afectado de DCS e das súas familias.

Multimedia

  • A alcaldesa de Lugo destaca a importancia de dotar de máis recursos de apoio ás persoas que sofren dano cerebral

Noticias relacionadas