A alcaldesa de Lugo dá conta do funcionamento da Administración local ao alumnado do Ceip Quiroga Ballesteros

A representación, composta por 14 estudantes, de terceiro de Primaria, viña de visitar tamén o Parque Municipal de Bombeiros dentro das actividades didácticas presenciais que ofrece o Concello de Lugo aos centros educativos da cidade.

No encontro a rapazada achegou as súas propostas para mellorar a cidade, ao tempo que explicaron que na aula habilitaron un buzón propio para participar na campaña ‘Dito e Feito’ de Alcaldía, dentro do Plan de Embelecemento.

Luns, 30 de maio de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa de Lugo dá conta do funcionamento da Administración local ao alumnado do Ceip Quiroga Ballesteros

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu esta mañá no Salón de Plenos da Casa Consistorial a unha representación do alumnado do CEIP Quiroga Ballesteros para explicarlles o funcionamento da Administración local e a actividade diaria que se desenvolve nela.

A rexedora compartiu uns momentos con 14 estudantes de 8 e 9 anos que, acompañados por tres integrantes do equipo docente do centro, aproveitaron para facerlle todo tipo de preguntas relacionadas co seu papel como presidenta da Corporación ao tempo que se interesaron pola organización doutros servizos municipais, como pode ser o do Parque de Bombeiros, logo de visitar tamén nesta xornada as súas instalacións.

Durante o encontro a rapazada achegou as súas propostas para mellorar a cidade, dentro das que figura un parque temático e a praia fluvial, ao tempo que explicaron que na aula de terceiro de Primaria habilitaron tamén un buzón de suxestións, das que darán traslado dentro da campaña ‘Dito e Feito’ que promove Alcaldía, dentro do Plan de Embelecemento Urbano.

O Concello retoma así o seu labor didáctico como Institución de forma presencial, logo de dous anos nos que a pandemia obrigou a interrompelo.

Audios

  • A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre a petición do Parque Temático | Descargar mp3
  • A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre a petición da Praia Fluvial | Descargar mp3
  • A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre a pregunta do peor caso de diñeiro | Descargar mp3

Multimedia

  • A alcaldesa de Lugo dá conta do funcionamento da Administración local ao alumnado do Ceip Quiroga Ballesteros
  • A alcaldesa de Lugo dá conta do funcionamento da Administración local ao alumnado do Ceip Quiroga Ballesteros

Noticias relacionadas