A alcaldesa de Lugo asiste ó sorteo da campaña ‘Neste Nadal o comercio de Lugo, tamén dixital’

As compras realizáronse en 5.500 establecementos de 40 localidades na provincia de Lugo

A participación nesta edición foi moi significativa, rexistráronse 34.440 tíckets, o que supuxo un incremento do 3% con respecto ao ano anterior

Xoves, 09 de xaneiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa de Lugo asiste ó sorteo da campaña ‘Neste Nadal o comercio de Lugo, tamén dixital’

A rexedora de Lugo, Lara Méndez participou este xoves no Salón de Actos do Pazo de San Marcos no sorteo dos premios da campaña ‘Neste Nadal o comercio de Lugo, tamén dixital’ levada a cabo nas pasadas datas festivas pola Federación Galega de Comercio ca colaboración do Concello de Lugo.

A participación nesta edición foi moi significativa, rexistráronse 34.440 tíckets, o que supuxo un incremento do 3% con respecto ao ano anterior. As compras realizáronse en 5.500 establecementos de 40 localidades na provincia de Lugo. No sorteo desta maña repartíronse un total de 10.000 euros distribuídos en 40 tarxetas prepago de 300 e 200 euros.

Noticias relacionadas