A alcaldesa de Lugo anima á cidadanía a engalanar as súas vivendas cos novos estandartes decorativos do Arde Lvcvs

O Concello distribuirá 1.000 unidades, e as primeiras cen entregaranse maña diante da Casa do Concello ás 12.00 horas coa presentación do vídeo promocional.

Os interesados tamén poderán pasar a recoller as bandeirolas desde mañá ata o 15 de xuño na Casa da Xuventude, e comprometerse a colocala nas fiestras ou balcóns.

Os deseños fan referencias tanto a mensaxes castrexas como romanas, e pretenden animar a toda a cidadanía a avivar a chama do Arde Lvcvs.

Luns, 07 de xuño de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa de Lugo anima á cidadanía a engalanar as súas vivendas cos novos estandartes decorativos do Arde Lvcvs

A Casa Consistorial será o escenario onde se entreguen mañá os cen primeiros estandartes decorativos da XX edición do Arde Lvcvs, deseñados para colgar nas fiestras e balcóns con motivos castrexos e romanos co fin de animar á cidadanía a avivar a chama desta festa de recreación histórica. A entrega será a partir das 12.00 horas diante do Concello.

Será unha entrega simbólica, porque o resto de bandeirolas se poderán pasar a buscar á Casa da Xuventude, dende mañá ata o día 15 xuño, de luns a venres, en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 21.30 horas, ata esgotar as existencias. Para recollelas, os interesados deberán presentar o DNI e o enderezo do domicilio familiar, e deberán comprometerse a colgalas do balcón ou fiestra da súa casa, dende o 14 ao 20 de xuño, así como a subir unha fotografía ás redes sociais co cancelo #AvivandoAchama

No evento, tamén se aproveitará a ocasión para presentar o vídeo promocional do Arde Lvcvs, no que participaron as asociacións da festa e que contará con recoñecidos artistas.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anima a toda a cidadanía a colaborar engalanando as súas vivendas, porque “debemos implicarnos todos para avivar a chama desta festa, que celebramos de maneira moi diferente debido as restricións sanitarias”. “Non só é un desexo senón unha necesidade anímica para a nosa cidade nestes momentos”, sostén a rexedora.

Mauricio Repetto, concelleiro de Xuventude, área que organiza esta festa, anunciou que se poderá recoller un estandarte por domicilio e que en total se distribuirán 1.000 para encher a cidade de mensaxes que axudarán a “non perdan o espírito festivo”.

Audio

  • Mauricio Repetto, sobre os novos estandartes decorativos do Arde Lvcvs | Descargar mp3
 

Multimedia

  • A alcaldesa de Lugo anima á cidadanía a engalanar as súas vivendas cos novos estandartes decorativos do Arde Lvcvs

Noticias relacionadas