A alcaldesa de Lugo agradece aos bombeiros municipais o seu “enorme traballo máis aló mesmo do deber” no incendio do Ceao

Lara Méndez mantivo un almorzo esta mañá cos profesionais para trasladarlle o agradecemento do Concello e de toda a cidade polo traballo desenvolvido durante días.

Venres, 23 de abril de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa de Lugo agradece aos bombeiros municipais o seu “enorme traballo máis aló mesmo do deber” no incendio do Ceao

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo esta mañá un pequeno almorzo co Corpo de Bombeiros de Lugo, co seu xefe ao fronte, Miguel López, para agradecerlles, unha vez máis, “a súa participación activa e impecable no terrible incendio do Polígono do Ceao producido o pasado 11 de abril. Temos que felicitar a súa profesionalidade, enorme traballo, esforzo e dedicación máis aló mesmo do seu deber”.

Neste senso, lembrou que se presentaron a apagar o lume a práctica totalidade dos efectivos, que axiña se presentaron voluntarios aínda que non lles tocase traballar ese día.

A rexedora, que é máxima xefa do Bombeiros municipais, destacou a súa implicación tamén durante todos os días que quedaron de retén para evitar que lume se activase.

Méndez fixo fincapé que “os bombeiros non soamente apoiades en incendios e outras emerxencias, senón que tamén levades a cabo unha importante labor cara a cidadanía velando pola nosa seguridade sempre que o precisamos”.

Noticias relacionadas