A Alcaldesa dá a benvida aos alumnos e alumnas que se incorporan este curso ao Campus Terra

Centos de estudantes coñeceron os distintos servizos, ademais da oferta deportiva e de lecer do Campus cun dinámico programa de acollida celebrado en Veterinaria

Xoves, 14 de setembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa dá a benvida aos alumnos e alumnas que se incorporan este curso ao Campus Terra

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, xunto ao Presidente da Deputación, Darío Campos, e o vicerreitor de Coordinación do Campus lucense, Javier Bueno, participou este xoves na xornada de acollida aos novos alumnos e alumnas que se incorporan este curso ao Campus Terra, unha dinámica xornada lúdica e formativa celebrada no auditorio da Facultade de Veterinaria, na que centos de estudantes coñeceron os distintos servizos universitarios, e a oferta deportiva e de lecer do Campus a través dos postos informativos instalados.

Méndez, antiga alumna do Campus de Lugo, deu a benvida aos alumnos e alumnas, desexoulles sorte na nova etapa que emprenden, na que, ademais de coñecementos, se formarán a nivel persoal, ademais de subliñar a importancia social e económica que ten a actividade universitaria na cidade. Agradeceu aos estudantes que escollesen Lugo para cursar os estudos universitarios e invitounos a, tras concluir a carreira, continuar co seu proxecto de vida e laboral tamén en Lugo.

A xornada contou con postos informativos das áreas de Cultura e Orientación Laboral, Biblioteca Intercentros, Centro de Apoio Científico-Tecnolóxico (Cactus), Centro de Linguas Modernas, Oficina de Desenvolvemento Sostible, Oficina de Igualdade de Xénero, Oficina de Relacións Externas, Servizo de Deportes, Servizo de Normalización Lingüística, Servizo de Participación e Integración Universitaria (Sepiu), xunto a un stand informativo do Concello e a Deputación. Incluíu tamén un diverso programa de actividades culturais, entre as que non faltaron a animación musical, danza (zumba) ou as proxeccións audiovisuais.

Multimedia

  • A Alcaldesa dá a benvida aos alumnos e alumnas que se incorporan este curso ao Campus Terra

Noticias relacionadas