A Alcaldesa continúa co Colexio de Aparelladores a rolda de reunións con estes colectivos profesionais

Martes, 01 de marzo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa continúa co Colexio de Aparelladores a rolda de reunións con estes colectivos profesionais

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo un encontro con representantes do Colexio Oficial de Aparelladores, Arquitectos Técnicos e Enxeñeiros de Edificiación de Lugo, na que abordaron diversos asuntos relativos ao seu ámbito profesional, relacionados co desenvolvemento da cidade. Este encontro enmárcase dentro da toma de contacto da rexedora cos colexios profesionais da cidade, “un dos colectivos que contribúen á facer da cidade”, tal e como os definiu a rexedora, xunto ás asociacións veciñais, entidades sociais e colectivos empresariais.

Tras a reunión, Lara Méndez fixo fincapé na importancia de colaborar e buscar sinerxias cos colexios profesionais, “capaces de garantir tanto prestacións e servizos aos veciños como ás administracións públicas.” 

A rexedora mantivo nas últimas semanas reunións co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, co Colexio de Avogados de Lugo e co Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Lugo. 

Noticias relacionadas