A Alcaldesa confía en que o orzamento para o 2016, publicado hoxe no BOP, sirva para crear un novo modelo de Concello

“Con estas contas que entran en vigor, as primeiras dun novo escenario político, buscamos un Concello pensado por e para os lucenses, funcional e operativo, que asegure e garanta unha igualdade substantiva real”, asegurou Lara Méndez

Venres, 20 de maio de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Alcadesa de Lugo, Lara Méndez, confía en que o orzamento do Concello para o 2016, publicado hoxe no Boletín Oficial da Provincia (BOP) tras ser aprobado definitivamente polo Pleno da Corporación en sesión extraordinaria o pasado mércores cos votos a favor do Goberno e Lugonovo, a abstención de BNG-AA, Ciudadanos e ACE, e en contra do PP; sirva para crear un novo modelo de Concello, pensando sempre nas persoas como prioridade de inversión, co obxectivo de loitar contra as desigualdades existentes.

“Con estas contas que entran mañá en vigor, as primeiras dun novo escenario político que atenden a unha nova realidade política, e tras asentar as bases para adaptar Lugo á nova realidade social e económica, buscamos un modelo de Concello pensado por e para os lucenses, funcional e operativo, que asegure e garanta unha igualdade substantiva”, asegurou Lara Méndez, ao tempo que lembrou os 5 piares do presuposto, infraestruturas, calidade de vida asociada a benestar, turismo, empregabilidade e políticas sociais. “Trátase pois dunha contas con perspectiva para acadar unha igualdade real e efectiva”, asegurou a rexedora.

As contas municipais ascenden a preto de 91 millóns de euros, 90.984.675,69 euros, dos cales o 21% estarán destinados a Políticas Sociais, en concreto 19 millóns de euros para benestar e 5 para a creación de emprego, dos que máis de 1 millóns se dedicarán a un plan de emprego 100% municipal.

Audio

Noticias relacionadas