A Alcaldesa atende as peticións dos veciños da zona norte da cidade

Lara Méndez mantivo este mércores unha reunión coa presidenta da Asociación de Veciños As Gándaras, Ponte Romai, Albeiros, Virxe da Soidade, Belén Ramos

Mércores, 09 de decembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa atende as peticións dos veciños da zona norte da cidade

A Alcaldesa, Lara Méndez, dentro da súa rolda de encontros con colectivos sociais e empresariais da cidade, mantivo este mércores unha reunión coa presidenta da Asociación de Veciños As Gándaras, Ponte Romai, Albeiros, Virxe da Soidade, Belén Ramos. Ao encontro tamén asistiron outros dous representantes deste colectivo.

Durante o encontro, a rexedora atendeu as peticións e inquedanzas dos veciños e veciñas da zona norte da cidade. “Escoitar ao tecido asociativo do Concello é esencial para promover iniciativas de futuro para o noso municipio”, asegurou Méndez.

Noticias relacionadas