Mércores, 08 de marzo de 2017
Fonte:
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este mércores no acto de conmemoración do Día da Muller Traballadora, acto que tivo lugar no local do Sindicato UXT, na primeira planta da Casa Sindical.
Nesta conmemoración, a rexedora puido comprobar, de primeira man, a situación sociolaboral da muller en Galicia, onde a taxa de actividade e a temporalidade das traballadoras están á cola de todo o Estado Español.