A Alcaldesa asiste á inauguración do Máster en Dirección de Actividades Educativas na Natureza, “un reclamo máis para a cidade”

Luns, 26 de setembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa asiste á inauguración do Máster en Dirección de Actividades Educativas na Natureza, “un reclamo máis para a cidade”

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este luns, no Salón de Actos da Facultade de Formación do Profesorado, na inauguración do Máster en Dirección de Actividades Educativas na Natureza, “un reclamo máis para a cidade e para dinamizar a actividade de Lugo”, subliñou a rexedora no acto, ao que tamén asistiron a Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López, o Vicerreitor de Coordinación, Javier Bueno, o Decano da Facultade, Francisco Rodríguez, e o coordinador do Máster, Eugenio Otero. 

Na súa intervención, a rexedora fixo fincapé en Lugo como unha cidade verde, que busca ser destino turístico medioambiental, ao tempo que agradeceu o esforzo feito polos organizadores por sacar adiante por quinto ano consecutivo este máster, que versa sobre os valores educativos nas actividades na natureza.

Lara Méndez, quen amosou o compromiso da entidade local con todas as actividades educativas a pesar de ser unha administración que non ten competencias, aproveitou tamén para manifestar o traballo do Concello a prol dunha contorna sostible. Nesta liña lembrou a posta en marcha dunha concellería de Desenvolvemento Sostible, dende a que se leva a cabo o proxecto Lugo+Biodinámico, co que colabora tamén a USC, e que se xa se iniciou para desenvolver actuacións a favor dun desenvolvemento sostible de Lugo.

Noticias relacionadas