A Alcaldesa asiste á inauguración da exposición Misión: Atalanta

Luns, 19 de setembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa asiste á inauguración da exposición Misión: Atalanta

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asistiu este luns, no Círculo das Artes, á inauguración da exposición Misión: Atalanta, La lucha contra la piratería en el Índico, nun acto que conmemoraba ademais o día da Subdelegación de Defensa en Lugo.

Misión: Atalanta, que se poderá visitar ata o 24 de setembro e que inclúe ademais da exposición actividades escolares e dúas conferencias, expón o traballo realizado polas Forzas Armadas dende 2009 na loita por erradicar a piratería en augas do Índico.

Noticias relacionadas