A Alcaldesa asiste á entrega do Premio Puro Cora ao cronista Cristino Álvarez

Martes, 08 de marzo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asistiu este martes á entrega do XXIII Premio Periodístico Puro Cora, que recaeu no cronista Cristino Álvarez. O acto tivo lugar nas instalacións de El Progreso no polígono do Ceao, onde xunto á rexedora, se deron cita personalidades da sociedade lucense e galega nos ámbitos institucional, económico e cultural. El Progreso convoca este certame en recordo de tres xeracións de xornalistas, exemplificadas en Purificación de Cora y Más Villafuerte, Purificación de Cora Sabater e Purificación de Cora Paradela.

O galardoado, Cristino Álvarez Herrera, exerce dende hai 40 anos o xornalismo, oficio que o levou dende á crónica parlamentaria á información de deportes. O seu nome está unido ao seudónimo Caius Apicius, co que asina unha crónica gastronómica semanal dende hai 35 anos.

Noticias relacionadas