A Alcaldesa asiste á apertura do Centro Comercial Abella, que espera a visita de máis de 3,5 millóns de persoas ao ano

“A posta en marcha dunha iniciativa empresarial en Lugo sempre é unha boa nova, pero máis nestes tempos nos que todos debemos traballar pola reactivación económica e a creación de emprego”, asegurou Méndez

Mércores, 18 de novembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Apertura do Centro Comercial Abella

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asistiu este mércores á apertura do Centro Comercial Abella, que espera a visita de máis de 3,5 millóns de persoas ao ano. Trátase da nova área comercial de Lugo, con máis de 37.500 metros cadrados, que abre as súas portas tras 5 anos de obras e unha inversión de 89 millóns de euros. Ao acto tamén asistiu o promotor deste centro, Luis Ridao, o voceiro municipal, Miguel Fernández, o presidente da Deputación, Darío Campos, o subdelegado do Goberno, Ramón Carballo, e a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, entre outras autoridades.

Durante a visita, a rexedora fixo fincapé no pulo que leva consigo a apertura deste centro comercial, “para este barrio, para o noroeste da cidade e para todo Lugo”. Neste senso, Méndez destacou o impulso á creación de actividade social, actividade económica e á creación de emprego que supón para Lugo esta nova área.

“A posta en marcha dunha iniciativa empresarial en Lugo sempre é unha boa nova, pero máis nestes tempos nos que todos debemos traballar pola reactivación económica e a creación de emprego”, asegurou Méndez, quen puxo en valor o compromiso do promotor que apostou por Lugo para construír este centro, “que agardamos que se converta nun punto de referencia de lecer da provincia, de Galicia e incluso doutras comunidades autónomas”.

3º centro comercial de Lugo

O Centro Comercial Abella, a terceira área comercial de Lugo, arranca co 85% da superficie comercial alugada, ocupando un 25% as empresas lucenses. Un terzo desta superficie ocúpao a alimentación, outro lecer e restauración e o resto moda. Conta con máis de 1.500 prazas de aparcadoiro ao cuberto.

Noticias relacionadas