A Alcaldesa agradece a participación dos máis de 20.000 maiores do Concello no día a día da cidade no Día Internacional das Persoas Maiores

Xoves, 01 de outubro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este xoves no photocall “+ de 60 Contamos” organizado pola Fundación Galicia Obra Social (Afundación) diante da sede luguesa deste colectivo con motivo do Día Internacional das Persoas Maiores.

No encontro, no que tamén estivo a patroa de Afundación, María Isabel González, a rexedora agradeceulle aos máis de 20.000 maiores do Concello de Lugo a súa participación no día a día da cidade. “Quero que saibades que este equipo de goberno sempre estará ao voso lado, ao lado dos nosos maiores, que estades a facer grandes esforzos nun momento tan complicado como o actual axudando ás vosas familias”, subliñou a rexedora. De feito, actualmente o 80% dos avós axuda económicamente aos seus fillos e netos, cando 5 anos atrás eran o 20%, ao dedicar uns 290 euros de media mensuais aos seus; pasando os seus gastos a segundo lugar. 

Noticias relacionadas