A Alcaldesa aborda co tecido asociativo o posible mapa de rúas con ORA

Lara Méndez, cumprindo unha vez máis coa palabra dada, mantivo un segundo encontro de cara a consensuar entre Concello e colectivos un documento, que será o que se levará ao Pleno para o seu debate e aprobación 

Xoves, 24 de setembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa aborda co tecido asociativo o posible mapa de rúas con ORA

A Alcaldesa de Lugo, cumprindo unha vez máis coa palabra dada, reuniuse este xoves por segunda vez co tecido asociativo da cidade para consensuar propostas de cara a elaborar un novo mapa de rúas con zona azul que se adapte á realidade do casco urbano de Lugo, co obxectivo de pechar un documento consensuado entre Concello e colectivos, que será o que se levará ao Pleno para o seu debate e aprobación.

Tal e como avanzou a rexedora, para definir o mapa de rúas con ORA, aplicaranse tres criterios fundamentais, os polos comerciais, a situación de edificios adminsitrativos e as zonas de saturación de tráfico. Algunha das novas rúas que se barallan con zona azul son San Roque, Fontiñas ou as zonas anexas ao edificio da Xunta, así como a Avenida da Coruña, as zonas que máis crecemento sufriron nos últimos anos. Neste senso, Méndez e os colectivos tamén falaron das rúas nas que se suprimirá este servizo, como poden ser a rúa Isaac Díaz Pardo ou Cidade de Vigo. Nesta reunión tratouse ademais a posibilidade de aumento de prazas de zona azul.

Neste segundo encontro coas asociacións sobre a nova ordenanza, que a Alcaldesa definiu como “satisfactorio e fructífero”, tomaron parte representantes da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo (APEHL), a Federación de Comercio, Lugo Centrum, Lugo Monumental, a Federación de Asociacións de Veciños de Lugo, a Unión de Asociacións Veciñais e Culturais (UNAVE) e a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL).

Noticias relacionadas