A Alcadesa preside a primeira recepción á Brilat da Semana Santa como Festa de Interese Turístico Galego

Martes, 16 de abril de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcadesa preside a primeira recepción á Brilat da Semana Santa como Festa de Interese Turístico Galego

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidiu este martes a recepción á Brilat Galicia VII, que chega un ano máis a Lugo dende Figueirido (Pontevedra) para participar nos actos da Semana Santa, que estrea distintivo de Festa de Interese Turístico Galego. A unidade da Brilat formou filas diante da Casa Consistorial, onde se ateigou numeroso público. No acto tamén estiveron presentes os mandos da unidade, así como outros membros da Corporación Municipal, a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, e o Deputado de Innovación, Pablo Rivera, entre outros.

Ás 20:30 horas, dende a Catedral, sairá a Procesión do Bo Xesús Nazareno, que será escoltada por máis de 60 soldados da Brilat, a Banda de Guerra e a Compañía de Honores.

Noticias relacionadas