A alcadesa Lara Méndez visita as obras de urbanización da Avenida Infanta Elena, que están na súa fase final

Convidada pola empresa que promove este ámbito de actuación, puido ver como quedaron as actuacións de desdobramento da marxe dereita e da rotonda

Venres, 08 de novembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcadesa Lara Méndez visita as obras de urbanización da Avenida Infanta Elena, que están na súa fase final

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o concelleiro de Urbanismo Sostible, Miguel Couto, visitaron hoxe as obras da Avenida Infanta Elena Duquesa de Lugo que desenvolve a empresa local Avento no ámbito da urbanización que promove no norte da cidade, fronte ao Centro Comercial de As Termas. Convidados pola empresa xa que a execución está xa na súa fase final, percorreron o polígono de actuación, que abarca unha superficie de 24.634 metros cadrados.

Os traballos desenvolvidos foi o desdobramento da marxe dereita da Avenida Infanta Elena, comprendida entre a Glorieta 25 de Novembro e a futura rotonda á altura da residencia de maiores Abeiro God, así como a urbanización da rotonda de xeito que se garante o tránsito rodado e peonil nesta marxe. A actuación tivo en conta o Plan de Mobilidade e de Espazo Público do Concello de Lugo, segundo o cal se executaron beirarrúas con ancho superior a 2,50 metros, carrís con tránsito de bus e vehículos pesados, cun ancho de 3,25 m, carril bici en dous sentidos e a segregación deste carril bici por elementos específicos.

A empresa explicoulle á rexedora que a fin de obra está pendente tan só de pintar as liñas da estrada e do carril bici, aínda que para iso é necesario que deixe de chover e que seque a calzada.

A alcaldesa Lara Méndez lembrou que o polígono, que se divide en catro parcelas, unha delas cedida como propiedade municipal, está moi próxima ao futuro Barrio Multiecolóxico de Lugo e á parcela que acollerá o edificio Impulso Verde, “proxectos vinculados co programa LIFE que promovemos e que creará un foco atractivo de actividade nesta zona”.

Noticias relacionadas