Agotáronse as entradas para entrar nas gradas do Circo Romano

Luns, 22 de xuño de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Xuventude, que dirixe Rosana Rielo, esgotou esta mañá as entradas para asistir como público nas gradas que poñerá o Concello no Circo Romano dentro do programa de Arde Lucus MMIX. Cada persoa pudo recoller un máximo de catro entradas das 3.000 que se puxeron á disposición da cidadanía e que se repartiron nas oficinas da Concellería de Xuventude situadas no Centro Social Uxío Novoneyra.

Dende o Concello recórdase que todos os que o desexen poderán disfrutar do espectáculo a noite do venres 26 de xuño ás 23.30 horas e o sábado 27 a partir das 19.45 horas dende as costas do Parque de Rosalía de Castro.

Por outra banda xa se pode ver como a cidade comeza a engalanarse e a prepararse para a celebración desta multitudinaria festa a vindeira fin de semana.

Web Arde Lvcvs

Noticias relacionadas