Agotadas as entradas da obra El Asno de Oro interpretada por El Brujo que se representa mañá sábado dentro da XIV Mostra de Teatro Clásico de Lugo

Venres, 07 de febreiro de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Un ano máis, Producciones El Brujo, agota todas as entradas para a obra de teatro El Asno de Oro que se representará mañá sábado dentro do Festival de Teatro Clásico que se ven celebrando dende hai catorce anos na cidade. Rafael Álvarez, El Brujo, dirixe e interpreta esta obra que estrenou no teatro romano de Mérida no 2013 e que por primeira vez se representa nun auditorio pechado.

O domingo 9 de febreiro, a compañía Teatro de Fondo, escenificará o Sueño de una noche de verano, unha adaptación para o público infantil, a partir dos 7 anos, e familiar dirixida por Vanessa Martínez e coa actuación dos actores Mon Ceballos, Eva Higueras, Pablo Huetos, Pedro Santos e Maya Reyes, que presentarán un espectáculo ideal para coñecer o teatro e desfrutar del.
 
Donde hay agravios no hay celos de Francisco de Rojas Zorrilla, será a obra que representará a compañía Mephisto Teatro o mércores 12 de febreiro. Esta comedia dirixida por Liuba Cid conta cunha espectacular posta en escea con traxes de papel e cartón.
A Mostra rematará coa posta en escena de Celestina, la tragicomedia, de Ferando de Rojas, a cargo da compañía Atalaya. Este espectáculo conta coa dirección de Ricardo Iniesta e a interpretación con Carmen Gallardo, Raúl Vera, Silvia Garzón, Manuel Asensio, Jerónimo Arenal, Lidia Mauduit e María Sanz que farán por chegar aos sentidos dos espectadores.

Noticias relacionadas