Adxudicado en 37.300 euros o subministro dunha cabina de aseo autolimpiable para o parque Rosalía de Castro

Mércores, 25 de outubro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, informou este mércores de que a Mesa de Contratación vén de seleccionar como oferta economicamente máis vantaxosa para o subministro e instalación dunha cabina de aseo autolimpiable no parque Rosalía de Castro a presentada pola empresa Proyectos e Instalación de Material Urbano SA, por importe de 37.389 euros. Segundo os pregos, o prazo máximo de entrega é de 45 días naturais, contados a partir do día seguinte ao que llo requiran formalmente os servizos técnicos municipais de Parques e Xardíns.

Por outra banda, o Concello adxudicou tamén hoxe o servizo de transcripción de actas do Pleno e das comisións que así o requiran á mercantil Spica SL, pois, segundo a Mesa de Contratación, presentou a oferta economicamente máis vantaxosa, cun importe máximo anual de 13.533,85€, cos seguintes criterios: a primeira hora de transcrición, 120€/hora; as segundas medias horas ou fraccións seguintes, 50€/h; e para cada media hora ou fracción a partir da terceira hora, 42,5€/h. O período do contrato e de un ano, con posibilidade de prórroga por outro.

Noticias relacionadas