Adxudicada a construción dun carril para bicicletas de 2,5 quilómetros no paseo do Río Rato

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o concelleiro de Desenvolvemento Local Sostible, Alvaro Santos, informaron sobre a contratación destes traballos pola Deputación, cunha inversión de medio millón de euros

A obra responde a unha petición da cidadanía e a aposta do Goberno de Lara Méndez por un municipio máis ecolóxico e con maiores alternativas de mobilidade

O paseo desenvolverase nun treito de 2,5 quilómetros, entre o inicio do mesmo, na zona da Tolda da Castela, e o cruce da LU-530 coa LU-P-2925. Construirase unha zona de ocio, con bancos, paneis informativos e unha outra de aparcadoiro para bicicletas

Deputación e Concello realizaron outras medidas de posta en valor da zona como a dotación dun sistema de iluminación, que contou cun investimento de 750.000 euros; ou melloras na seguridade desta vía, moi empregada pola veciñanza

Venres, 05 de xullo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Adxudicada a construción dun carril para bicicletas de 2,5 quilómetros no paseo do Río Rato

A rexedora de Lugo, Lara Méndez, e o concelleiro de Desenvolvemento Local Sostible e voceiro en funcións da Deputación, Álvaro Santos, informaron este venres que a Deputación adxudicou con 505.600 euros os traballos de construción no Paseo do Río Rato dun carril específico para bicicletas.

Logo do proceso de contratación acadouse un aforro de 170.141 euros en relación ao orzamento de licitación. Trátase dun proxecto de Deputación e Concello de Lugo que se desenvolverá ao carón do río rato, nun treito de 2,5 quilómetros, entre o inicio do paseo, na zona da Tolda da Castela, e o cruce da LU-530 coa LU-P-2925. Previsiblemente, as obras iniciaranse no remate do verán.

O carril para bicicletas situase entre o paseo peonil e a estrada do Rato. No comezo, na zona da Tolda, dotarase unha zona de ocio, con bancos, paneis informativos...Para a construción do propio carril, instalarase unha tarima de 2,5 m de ancho. Todo o carril disporá dun pasamáns de seguridade de madeira duns 90 centímetros. Debido ao desnivel que existe en distintos puntos do paseo, será necesario construír 4 plataformas elevadas que estarán sostidas ao chan por vigas de madeira. Tanto no propio paseo como nas plataformas, empregaranse materiais antiesbarrantes e respectuosos co medio ambiente e coa fauna da zona. Dotarase a zona tamén de aparcadoiro para bicicletas e sinalización.

A Alcaldesa puxo en valor que “o Concello, en colaboración coa Deputación, segue a impulsar o modelo de cidade mais humana, con máis mobilidade, accesibilidade, integración e con maior grao recuperación de espazos públicos, integrando, neste caso o Río Rato e que complementan a estratexia DUSI. Cando as administracións públicas colaboramos e sacamos para adiante proxectos en común, como o que hoxe estamos a presentar, son os cidadáns e os veciños os que resultan beneficiados”.

Alvaro Santos destacou que “cumprimos unha vez máis cos veciños e presentamos este proxecto do carril para bicicletas que axudará a dinamizar o que é o pulmón verde da cidade de Lugo. A posta en valor deste espazo, no que ademais de dotalo do novo sistema de iluminación, tamén temos o Centro de Interpretación no que ofrecemos centos de actividades gratuítas, pasa por continuar desenvolvendo proxectos que respondan ás necesidades da cidadanía e ao noso modelo de cidade máis ecolóxica e sostible, onde seguiremos a potenciar alternativas de mobilidade. Logo da dotación do sistema de alumeado, cada vez son máis os veciños non só de Lugo, senón da provincia, que se achegan a este espazo natural que esperemos que cando conte co carril para bicicletas visiten aínda máis”.

Características da obra

Os Gobernos de Lara Méndez e da Deputación Provincial, en resposta ás peticións dos veciños, construirán no paseo do Rato un carril para bicicletas, por ser un dos escenarios naturais máis característicos e concorridos da cidade de Lugo. As actuacións e materiais non afectarán á vexetación de ribeira do paseo do Rato.

O proxecto contempla a limpeza do terreo para a posterior apertura da caixa para a execución do carril mediante o desmonte. De seguido, faranse traballos de drenaxe transversal, coa instalación de tubaxes, que é garantía de durabilidade. Para dar continuidade ao carril bici, debido á orografía do terreo, será necesario a execución de catro pasarelas pilotadas que se construirán en madeira aserrada. As alturas máximas previstas da plataforma de paso sobre o chan son de 2m. Tamén se executarán muros de perpiaño coa súa correspondente pasamáns de seguridade. Para a pavimentación empregarasezahorra artificial, para posteriormente colocar en ambos marxes,bordillos rectos de formigón que terán a función de encofrado perdido cando se verta a solera.

Finalizada la solera de formigón, o carril dotarase dun revestimento de protección de pavimento sobre el formigón de 2 a 3 mm de espesor total aproximado, acabado rugoso, con resistencia ao deslizamento. Este revestimento tamén se executará nas pasarelas de madeira.Finalizada a pavimentación, realizarase o pintadodo eixe do carril bici mediante una marca vial reflexiva branca. Ademais este espazodotarase dos paneis informativos, soportes aparca bicicletas, bancos de madeira, papeleiras e a correspondinte sinalización vertical. Realizaranse tamén traballos de xardinería e tratamento da paisaxe, coa plantación de diversasespecies autóctononas da zona.

Iluminación do Río Rato

Deputación e Concello dotaron ao Paseo Fluvial do Río Rato e a estrada LU-P-2925 dun sistema de iluminación, que contou cun investimento de 750.000 euros. Actuouse nun treito de 7 quilómetros, entre a Avenida de Madrid e o parque do Sagrado Corazón, no que se situaron 283 puntos de luz ecolóxicos (LED). Son 103 luminarias na estrada e 147 no paseo fluvial, dos que 3 son proxectores para o túnel que hai debaixo da rotonda que comunica con dito parque. A intensidade dos puntos de luz oscila entre os 179 vatios e os 12,5, tendo en conta a súa ubicación para respectar o medio ambiente. Tamén para reducir o impacto ambiental, hai 252 farolas de color neutro. A distancia entre as mesmas é de 25 metros no paseo e de 30 na estrada. As do paseo teñen 1 punto de luz e nalgunha da estrada dobre luminaria.

Dotouse a zona duns 20.000 metros de cableado de aluminio e non de cobre. Hai un sistema informático, cuxas probas de funcionamento se farán primeiro dende a Axencia Provincial da Enerxía, pero logo terá que ser xestionado no Concello de Lugo, para regular a intensidade luminosa, aforrar custos ao poder adaptar a luz ás condicións climatolóxicas, e garantir a luminosidade. Nunha pantalla o municipio lugués poderá controlar o correcto funcionamento de cada un dos 283 puntos de luz.

Máis melloras na zona

Este proxecto conlevou máis medidas de seguridade na estrada LU-P-2925, pois, xunto aos 103 puntos de luz que se instalaron no vial, tamén se situaron 1.466 metros de biondas de seguridade. O Goberno da Deputación aplicou neste vialslurry, un material adherente e antiesbarante, que se pon nas autovías, que impermeabiliza o firme, mellora a evacuación de augas e dota á estrada dunha maior adherencia. Está composto por alcatrán, emulsión asfáltica, auga, aditivos, cemento e áridos.

Audio

  • A alcaldesa Lara Méndez, sobre o carril-bici do Paseo do Rato | Descargar mp3
  • O edil Álvaro Santos, sobre o carril-bici do Paseo do Rato | Descargar mp3

Multimedia

  • Adxudicada a construción dun carril para bicicletas de 2,5 quilómetros no paseo do Río Rato

Noticias relacionadas