Adxudicación das obras de urbanización a pé de parcela do novo colexio do Sagrado Corazón

Mércores, 10 de xullo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Xunta de Goberno local aprobou a adxudicación das obras de urbanización a pé da parcela do novo CEIP do Polígono do Sagrado Corazón (beirarrúas e servizos) á empresa Construcciones Leonardo Miguélez, por un importe de 53.897 euros (IVE incluido), segundo anuncio o voceiro do BNG, Rubén Arroxo.

Ademais, anunciou a aprobación dos proxectos de obra e das contratacións das actuacións de mellora das rúas Río Sar e Avetarda.

A execución na rúa Río Sar pretende mellorar o estado no que se atopa, co pavimento cuarteado e múltiples zonas con grietas. En canto as obras se inicien, o prazo de execución será dun mes e o orzamento base de licitación ascenderá a 15.000 euros.

En canto a actuación na rúa Avetarda, vai encamiñada a reparar a pavimentación e a instalar a rede e a acometida do abastecemento de augas, así como a canalización do alumeado público. O prazo de execución será de dous meses o orzamento base de licitación está fixado en 71.639 euros.

Ademais, aprobouse a actualización das taxas de ocupación de dominio público con motivo da autorización da instalación de casetas e caldeiros do polbo en San Froilán.

Noticias relacionadas