A actriz, directora de teatro e apaixoada da cultura de Lugo, Paloma Lugilde, será a encargada de realizar a Ofrenda a Rosalía de Castro

O acordo tomouse esta mañá na xuntanza da Comisión de Festas

Venres, 24 de agosto de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, deu a coñecer este xoves que Paloma Lugilde será a encarga de realizar a Ofrenda a Rosalía de Castro neste San Froilán 2018, un acto que terá lugar o 7 de outubro, o Domingo das Mozas. O acordo, por unanimidade, tomouse esta mañá na xuntanza da Comisión de Festas.

Basadre tivo palabras de recoñecemento para a oferente, "unha persoa coñecida no mundo da cultura e da actividade cultural da cidade, apaixoada do teatro, da música e, polo tanto, da cultura de Lugo".

Paloma Lugilde é actriz e directora da compañía de teatro Palimoco dende a súa fundación, da Escola Palimoco Teatro e Danza, e do Grupo de Teatro USC-Lugo. Con esta última compañía Luguilde conseguiu o premio á mellor Dirección no II Festival Nacional de Teatro Universitario. Como actriz, traballou, ademais de en Palimoco, en Títeres sen cabeza, e colaborou con Achádego Teatro na obra A Tempestade. Tamén colaborou con Proxecto Barraca, da Aula de Teatro Universitaria de Ourense. Participou en programas de radio e televisión como colaboradora. Ten formación tamén en danza clásica, contemporánea e flamenca, traballou no Colegio Fingoi impartindo teatro e danza e fixo un traballo de voluntaria na prisión de Teixeiro; ademais de formar parte do Proxecto Buxiganga.

Na reunión, a edil avanzou o estado de tramitación de diferentes pregos con respecto ás festas patronais, como os de producción ou da luz ornamental, que se atopan en proceso para a súa publicación no Perfil do Contratante. 

Audio

  • Carmen Basadre, sobre a Ofrenda a Rosalía de Castro | Descargar mp3

Noticias relacionadas