As actividades de verán organizadas polo Concello continúan na segunda quincena do mes de agosto

Martes, 13 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

As actividades de verán organizadas polo Concello de Lugo continúan na segunda quincena do mes de agosto con novos cursos que se celebrarán nos centros sociais municipais e nas instalacións deportivas.

A piscina municipal de As Pedreiras acollerá nos meses de agosto e setembro os Cursos Intensivos de Natación para nenos de entre 3 e 9 anos. Os cursos abarcan distintos niveis de aprendizaxe e ofertan 102 prazas. Doutra banda, continúan os seguintes cursos da Escola Deportiva Municipal de Verán:

- Piragüismo, que se celebran desde principios de xullo nas instalacións do Club Fluvial;
- Iniciación á Hípica, que se imparte no Club Equus;
- Tiro con Arco, no Colexio das Gándaras todos os luns e os mércores;
- Iniciación ao Tenis, que teñen lugar nas canchas municipais de Frigsa todos os martes e xoves.

Dentro da programación de Animación Sociocultural de Verán deseñada pola Concellería de Muller e Servizos Sociais, comezan novos cursos que se desenvolverán nos centros sociais.

No Centro Social de Fingoi este xoves, día 16 de agosto, empeza o curso Xogando coas cores e o corpo, que vai dirixido a pequenos de 4 a 7 anos e durará ata o 29 de agosto.

Os nenos de 4 a 12 anos atoparán no Centro Social de Lamas de Prado a oportunidade de participar na actividade Divírtome cos traballos manuais, a música e o teatro, que se desenvolverá do 16 ao 29 de agosto.

No Centro Social da Milagrosa, o día 14 arrinca un novo curso Exprésome a través da pintura e da música..

Para os nenos de 4 a 7 anos, no Centro Social Uxío Novoneyra desenvolverase o curso Gozo da natureza.

Doutra banda, as ociotecas manteñen o seu horario ampliado para que os pais poidan compaxinar o seu traballo coas vacacións escolares, polo que no mes de agosto os nenos de 3 a 12 anos gozarán das ociotecas de Fontiñas, da Milagrosa e do Uxío Novoneyra de 9 a 14 horas pola mañá, e de 16:00 a 20:30 horas pola tarde. Neste mesmo horario, permanecerán abertas en agosto as Aulas Abertas dos centros sociais de Fingoi e da Milagrosa.

Noticias relacionadas