ACTIVIDADES DE LECER DA PRAZA DO CASTIÑEIRO

Martes, 14 de setembro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Adiviñanzas, xincanas, hockey, barro, pulseiras, collages, maquillaxe… foron algunhas das actividades que se realizaron de luns a venres dende as 18:00 da tarde ata ás 20:00h.na Praza do Castiñeiro

Un espazo lúdico no que pais e nais acompañaron na tarefa pedagóxica das monitoras.

Durante dúas horas, todos os días dende o 24 de agosto participaron arredor de 700 rapaces e rapazas que preferiron participar destes xogos.
Os xogos que se plantexaron fomentaron a socialización entre os rapaces e todo o que isto conleva: comunicación, expresión, toma de decisións, control de sentimentos… Evitando deste xeito que cada vez mais o xogo estea supeditado a espazos cerrados e dependentes do electrónico.

O nivel de satisfacción dos participantes e dos seus pais viuse reflexado o día 10 de setembro, ca dobre festa final: por unha banda despedíase o ciclo de actividades e por outra celebrábase o inicio do curso escolar.

Estas actividades foron organizadas polo Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias por terceiro ano consecutivo a través do Punto Xuvenil e Comunitario situado na Praza do Castiñeiro e subvencionado cos bens decomisados do Plan Nacional de Drogas.

www.lugo.es/prevenciondrogas

 

Multimedia

Noticias relacionadas