Actividades culturais e un xantar de Nadal centran os actos da concellaría de Benestar para o Día das Persoas Maiores

A alcaldesa, Lara Méndez, avanza que será “unha homenaxe o día 19 aos nosos maiores. Temos un compromiso con eles polo papel vertebrador que xogan na sociedade”

A rexedora e a edil Olga López presentan o programa, “co que queremos reunir ás persoas maiores da zona urbana e do rural nunha xornada que será moi emotiva”

Venres, 13 de decembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
“O Día do Maior non é unha soa xornada se non os 365 días do ano”, comentou a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, que, acompañada de Olga López, concelleira de Benestar, Inclusión e Terceira Idade, presentou hoxe  o programa de actividades previstas para o 19 de decembro con motivo da celebración do Día das Persoas Maiores.    Lara Méndez destacou que “en Lugo contamos con cerca de 30.000 persoas maiores de 61 anos. Faremos unha homenaxe mais que merecida polo papel vertebrador que exercen na sociedade. Deixar

O Día do Maior non é unha soa xornada se non os 365 días do ano”, comentou a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, que, acompañada de Olga López, concelleira de Benestar, Inclusión e Terceira Idade, presentou hoxe  o programa de actividades previstas para o 19 de decembro con motivo da celebración do Día das Persoas Maiores.

Lara Méndez destacou que “en Lugo contamos con cerca de 30.000 persoas maiores de 61 anos. Faremos unha homenaxe mais que merecida polo papel vertebrador que exercen na sociedade. Deixar o traballo non significa quedarse de brazos cruzados, senón que seguen contribuíndo ao benestar social como coidadores doutras persoas, xeralmente aos seus cónxuxes ou aos seus netos”, sostivo. “Debemos recoñecer en maior grao o que as persoas maiores achegan á sociedade e crear unhas condicións que lles ofrezan máis apoio”.

Enmarcou a celebración do Día dos Maiores no “noso modelo de cidade 8-80, na que buscamos o benestar para os e as lucenses de 8 anos, pero tamén para un de 80”. Lembrou o incremento do 18% nos orzamentos en políticas sociais para o ano 2020, que representa o 28% da totalidade do presuposto”.

A concelleira Ola López avanzou que o “programa reunirá ás persoas maiores da zona urbana e do rural nun día que será moi emotivo”.

Programación

Os actos darán comezo ás 11:30h da maña no Vello Cárcere con visitas guiadas cun aforo limitado a 140 persoas. De 12:30 a 13:15 horas, o Mago Rafa realizará un espectáculo de maxia na mesma ubicación e como colofón final á xornada de mañá actuará a Coral Xeada. Despois, ás 14:00h terá lugar o xantar de Nadal no soto da Praza de Abastos, e a partires das 16:00h darán comezo as actividades previstas para a xornada de tarde, coas actuacións de grupos musicais diversos, o grupo de pandereteiras da Escola Municipal de Música e o espectáculo de narración oral e humor de Lois Pérez.

Olga Lopez finalizou recordando que “o prazo de inscripción será ata o  martes 18 de decembro ás 12:00 horas, a través das animadoras/es socioculturais nos diferentes Centros de Convivencia para os residentes en Lugo. E os veciños e veciñas do rural poderán realizar a mesma a través dos pedáneos así como apuntarse ao autobús habilitado polo Concello”.

Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre o Día das Persoas Maiores | Descargar mp3
  • A concelleira de Benestar, Inclusión e Terceira Idade, Olga López, sobre o Día das Persoas Maiores | Descargar mp3

Noticias relacionadas