Aclaración ao Comunicado de Prensa de Policía Local de Lugo enviado onte

Xoves, 17 de febreiro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Delitos contra a seguridade viaria

Con relación á información facilitada onte sobre un dos delitos contra a seguridade viaria que se detectaron na madrugada do día 16 de febreiro, por efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo en vías do centro urbano e, concretamente, ao relativo ao condutor, de 24 anos, dun patinete eléctrico que circulaba a 63 km/h, superando o 25 km/h establecidos como máximo para os vehículos VMP ao que se lle abriu expediente sancionador con multa de 400 euros, cómpre aclarar que:

O patinete non reunía as características establecidas pola lei de tráfico para ser considerado como VMP, aínda que a súa aparencia puidera resultar moi semellante a estes.

Por esa circunstancia, o devandito vehículo necesita permiso de circulación para poder ser empregado e, ao tratarse dun vehículo con capacidade para alcanzar dita velocidade, o seu condutor precisa ademais da obtención dun permiso de condución.

Ao comprobarse que non era así, que CARECÍA de autorización administrativa para conducir, por non obtela NUNCA, esta persoa foi trasladada á Unidade de Atestados do Corpo onde se instruíron dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

O condutor enfróntase a unha pena de prisión de 3 a 6 meses, multa ou traballos en beneficio da comunidade.

Dende a Policía Local aconséllase á cidadanía que, antes de adquirir un destes vehículos, resulta moi importante informarse de se o mesmo entra na categoría VMP para evitar conducir un vehículo que non cumpra cos requirimentos que actualmente están en vigor en España.

Noticias relacionadas