Ábrese o procedemento de licitación para o pintado da sinalización horizontal da cidade

A actuación estará dividida en catro lotes, que se adxudicarán mediante un procedemento aberto simplificado

As empresas teñen até o día 26 para presentar ofertas, e está previsto que a adxudicación se produza o día 2 de xaneiro

Domingo, 08 de decembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Ábrese o procedemento de licitación para o pintado da sinalización horizontal da cidade

Alexandre Penas, concelleiro de Infraestruturas Urbanas, deu conta dos avances no procedemento de pintado da sinalización horizontal do concello de Lugo. Penas indicou que “este xoves saíu o procedemento na plataforma de contratación do Estado, o que abre o prazo para que as empresas poidan presentar as súas ofertas para os distintos lotes”. 

“Ata o 26 de decembro as empresas que o desexen poderán presentar ofertas para os distintos lotes nos que se dividiu a cidade”, indicou Alexandre Penas, e engadiu “fixemos esta división para que se realice a actuación de maneira simultánea por toda a cidade”. “O 2 de xaneiro do vindeiro ano está previsto que se revisen as ofertas e se inicie o procedemento de contratación”.

Unha vez adxudicadas, as actuacións terán un prazo de execución de 4 meses. Dende a Concellería de Infraestruturas investirase un total de 1.087.904€ para esta actuación, “para garantir as boas condicións da cidade e mellorar a calidade de vida e o benestar da veciñanza de Lugo”.

Audio

  • Alexandre Penas, concelleiro de Infraestruturas Urbanas, sobre o pintado da cidade | Descargar mp3

Multimedia

  • Ábrese o procedemento de licitación para o pintado da sinalización horizontal da cidade

Noticias relacionadas