Ábrese o prazo para presentar ofertas ás obras de pavimentación de rúas do Ceao

O Concello sacou a licitación o contrato cun presuposto máximo de 793.500 euros

Martes, 24 de febreiro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Infraestruras e Zona Rural, que dirixe Manuel Chaín, comunica a apertura do prazo para a presentación de ofertas ó procedemento que convoca o Concello para realizar as obras de pavimentación das rúas do polígono industrial do Ceao.

O prazo para que as empresas presenten as súas ofertas abrirase mañá, unha vez que o Boletín Oficial da Provincia publicou este martes o anuncio de licitación, e prolongarase durante 26 días naturais. O procedemento de adxudicación é aberto
 
O proxecto de pavimentación nas rúas do polígono industrial do Ceao conta cun presuposto máximo de licitación de 793.500 euros, IVE incluído, e un prazo para a  execución da obra de catro meses.

Noticias relacionadas