Ábrese a nova contratación do centro de día Antonio Gandoy por un importe de 425 .000 euros anuais

Mércores, 10 de xullo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Xunta de Goberno local do Concello de Lugo aprobou a proposta presentada pola concelleira da área de Cohesión Social, Ana González Abelleira, para abrir o procedemento de contratación para a prestación do servizo do Centro de Día de Novo Antonio Gandoy de atención ás persoas maiores. O centro ten unha capacidade para 50 prazas.

A empresa deberá dar servizo de luns a sábado (sempre laborables), ámbolos dous días inclusive, en horario de 8.00 horas a 20.00 horas, así como dous domingos ao mes,  o primeiro e terceiro,  en horario de 11.00 a 18.00 horas.

A adxudicataria terá que atender os módulos de prestacións sociais, de atención xeriátrica-rehabilitadora e de atención á saúde psicofísica e dietética, así como do aseo e o coidado persoal diario dos usuarios e usuarias. O servizo incluirá, ademais, o apoio necesario para a mobilización das persoas usuarias a fin de manter un nivel de funcionalidade e de interacción social adecuado, ademais do desenvolvemento de actividades de ocio, culturais e creativas e as vinculadas coa socialización e participación.

Tamén terá que prestar o servizo de transporte para o traslado das persoas usuarias do domicilio ao Centro de Día e viceversa.

Lembrar que o Concello tivo que realizar varias modificacións no pliego de condicións xa que unha sentenza obrigou a retirar toda referencia a valoración de criterios sociais, aínda que se mantén o criterio de calidade nunha porcentaxe do 51%-49%, é dicir, que se valoran más as cuestións socias que as económicas.

Noticias relacionadas