Abre un novo posto na Praza de Abastos con produtos de droguería

Xoves, 18 de abril de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Os Concelleiros de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, asistiron á inauguración dun novo negocio creado por un emprendedor na Praza de Abastos de Lugo.

Nesta ocasión é un posto que baixo o nome de La Droguería, disporá de produtos como sementes, produtos para conservar viño e xamóns, pedra pómez, vaselina, produtos de salón de peiteado “dos que non é fácil atopar na cidade” como explicou unha das encargadas do novo posto. Desta maneira, Víctor Fraga e Sara Arias, agradeceron todo o esforzo do Concello para que os novos emprendedores poidan sacar a diante as súas ideas empresariais e a acollida por parte dos praceiros.

Dende o Concello de Lugo considérase que a apertura de calquera negocio, nestes tempos tan difíciles, é un motivo de satisfacción e que este novo posto supón un paso máis no propósito de transformar a Praza de Abastos e o Mercado Municipal de Lugo nun pequeno centro comercial no que se poden adquirir produtos de calidade e os clientes reciben atención personalizada.

 

Multimedia

Noticias relacionadas