Abre o prazo de solicitude de praza para as Escolas Infantís Municipais

Felipe Rivas: “este ano simplificamos o procedemento, evitando á veciñanza solicitar documentación nas distintas administracións”

O prazo estará aberto ata o 14 de abril, e a solicitude pode presentarse de xeito telemático

Luns, 15 de marzo de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Abre o prazo de solicitude de praza para as Escolas Infantís Municipais

O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, informou da apertura do prazo para solicitar praza nas Escolas Infantís Municipais. Desde a concellería de Educación fíxose un esforzo para, segundo anunciou Felipe Rivas, “simplificamos o procedemento, evitando que a veciñanza teña que desprazarse ás distintas administracións para ter a documentación complementaria á solicitude”.

As solicitudes deberán presentarse, preferentemente, mediante a sede electrónica municipal. Ademais, habilitarase un turno preferente nas citas do rexistro presencial, a través do 010 (982 297 350), para axilizar a presentación deste tipo de solicitudes.

A información completa, así como os modelos estarán dispoñibles na web (concellodelugo.gal), e presencialmente nas oficinas da concellería de Educación.

Audio

  • O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, sobre a solicitude de praza, nas Escolas Infantís| Descargar  mp3

Noticias relacionadas