Abraham Cupeiro agasállalle ao pobo de Lugo O anel de pedra, banda sonora da Muralla

Basadre agradeceulle a "máis que xenerosa e ilusionante doazón" desta peza composta para o XIV Aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade

Xoves, 22 de xuño de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Abraham Cupeiro agasállalle ao pobo de Lugo O anel de pedra, banda sonora da Muralla

Abraham Cupeiro vén de agasallar ao pobo de Lugo cun regalo moi persoal, a peza musical O anel de pedra, que rende homenaxe á Muralla. Trátase dunha composición realizada para o XIV Aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade. No 2016 dita música foi gravada coa Filhamonía de Galicia, Odaiko Percusión Group e o propio Abraham Cupeiro, baixo a dirección de Dímas Ruíz no Auditorio de Galicia.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, recibiu este xoves, no patio central do Vello Cárcere, de mans deste musicólogo a peza, que fai unha cesión ao Concello para que actúe como tutor da mesma e a utilice con fins divulgativos e nunca con funs lucrativos.

Tras o acto de cesión, no que Basadre lle agradeceu a Cupeiro esta "máis que xenerosa e ilusionante doazón á veciñanza luguesa", tivo lugar unha conferencia sobre instrumentos históricos a cargo deste multiintrumentista, compositor e construtor de instrumentos, un dos poucos que toca o Karnyx, unha trompeta celta que tamén se usa nesta composición. Ademais fixo unha demostración de instrumentoa, como a frauta de oso ou o corno romano, e celebrouse unha proxección dos vídeos do making off coa Real Filharmonía de Galicia.

Noticias relacionadas