Aberto o prazo para participar no programa de ociotecas LucUSC Semana Santa 2012

Luns, 12 de marzo de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, acompañada polo Vicerreitor de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo, Pedro García Herradón, e polo Xerente da Fundación USC Deportiva, Óscar Hermida Otero, presentaron as bases do programa Ocioteca LucUSC Semana Santa 2012.

Carmen Basadre, salientou que “presentamos un proxecto de ociotecas que se desenvolve no campus de Lugo por primeira vez e que busca axudar á conciliación das persoas que traballan na USC”.

A actividade, que está dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, terá lugar os días 2, 3, 4 e 9 de abril en horario de 09:00 a 14:00 ou de 09:00 a 15:00 no edificio Intercentros do campus de Lugo. O número máximo de nenos será de 24 que se seleccionarán por rigoroso orde de inscrición. O prazo para inscribirse está aberto dende hoxe día 12 ata o 29 de marzo e poderase facer a través da páxina web da Fundación USC Deportiva (www.fundacionuscdeportiva.org ) ou ben de maneira presencial na sede da propia Fundación. O prezo da actividades oscila entre os 70 e os 84 euros o programa completo, segundo explicou o Xerente da Fundación USC Deportiva.

Este programa está concibido como unha actividades socioeducativa e de lecer, que se desenvolverá no período de vacacións escolares na Semana Santa e que permitirá ás familias a conciliación da vida laboral e familiar.

Multimedia

Noticias relacionadas