Aberto o prazo de presentación de ofertas para o Plan de Sinalización Horizontal

O Concello de Lugo ten aberto o prazo para que as empresas interesadas presenten as súas ofertas para a execución das obras correspondentes ó Plan de sinalización horizontal

Venres, 13 de marzo de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A contratación das obras correspondentes ó plan de sinalización horizontal saiu a licitación, polo procedemento aberto, cun orzamento máximo de 199.982 euros e un prazo de execución de seis meses.

O prazo para a presentación das propostas permanecerá aberto ata o día 6 de abril.

O anuncio desta contratación foi publicada no Boletín Oficial da Provincia do luns, día 9 de marzo.

O plan de sinalización horizontal, que foi elaborado polo Gabinete de Tráfico da Policía local, divide a cidade en catro zonas e establece as prioridades de actuación nas distintas rúas.

Noticias relacionadas