Aberto o prazo de exposición pública do censo electoral para as eleccións municipais do 24 de maio

As listas do censo pódense consultar dende hoxe ata o día 13. 

A consulta das listaxes, que se deberá realizar persoalmente, é un trámite necesario e convinte para toda a cidadanía como garantía do seu exercicio de dereito ao voto nas vindeiras eleccións municipais, convocadas para o vindeiro 24 de maio.

Luns, 06 de abril de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo informa de que durante o período comprendido entre hoxe, día 6 e o día 13 de abril, ambos os dous inclusive, permanece exposto ó público o censo electoral co obxecto de que todos os veciños e veciñas empadroados no noso concello poidan comprobar a súa correcta inscrición nas listas de votación e, en caso de erro, poder facer as reclamacións oportunas.

A consulta das listaxes, que se deberá realizar persoalmente, é un trámite necesario e convinte para toda a cidadanía como garantía do seu exercicio de dereito ao voto nas vindeiras eleccións municipais, convocadas para o vindeiro 24 de maio.

Nesta ocasión, a consulta da inscrición do censo ten especial relevancia por terse realizado unha modificación importante na ubicaciónd dalgunhas mesas electoriais.

O censo electoral, pechado con data 1 de xaneiro de 2015, pódese consultar todos os días. Durante as xornadas laborais permanecerá exposto nas Oficinas municipais da Ronda da Muralla, 197 e durante a fin de semana exporase na Casa do Concello (Praza Maior, 1). O horario de exposición será o seguinte: de 9:00 a 14:00 horas en días laborais e de 10:00 a 14:00 horas o sábado día 11 e o domingo 12 de abril.

Noticias relacionadas