Aberto o Mercado de Nadal da Deputación con 11 postos de artesanía, demostracións, obradoiros, maxia e música

A Alcaldesa e o Presidente da Deputación inauguraron este venres o mercado que promove a artesanía  e dinamiza o comercio ata o 5 de xaneiro

Venres, 16 de decembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Aberto o Mercado de Nadal da Deputación con 11 postos de artesanía, demostracións, obradoiros, maxia e música

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Presidente da Deputación, Darío Campos, xunto á Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, inauguraron este venres o Mercado de Nadal, que organiza o Goberno Provincial na Praza de San Marcos para promover artesanía e dinamizar o comercio, pois 11 profesionais do sector teñen á venda os seus produtos e inclúe a celebración de máis de 60 actividades gratuítas como demostracións en vivo de oficios tradicionais, obradoiros para nenos, actuacións das corais da provincia e de maxia. Xunto ás que organiza o Concello de Lugo, a cidade acollerá durante estes días preto de 200 actividades para todos os públicos. 

Noticias relacionadas