Aberta a inscrición para a XVI Carreira Popular Lugo Monumental-Gran Premio Caixa Bank, que se celebrará o 16 de decembro

As persoas interesadas poden anotarse ata o 11 de decembro, na recén estreada páxina web www.10klugomonumental.com. A carreira está limitada a 1500 adultos

Xoves, 08 de novembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello, co patrocinio de CaixaBank, organiza un ano máis a carreira popular Lugo Monumental, que xa ten aberta a súa inscrición. Todas as persoas interesadas poden anotarse ata o 11 de decembro, a través da recén estreada páxina web www.10klugomonumental.com. A carreira, que se celebrará o 16 de decembro está limitada a 1.500 adultos.

O percorrido mantense con respecto as anteriores edicións xunto cos horarios de saída: 11:00 horas para ás categorías menores e ás 12:00 horas para adultos, na Ronda da Muralla, na zona da Mosqueira.

A saída será fronte á Mosqueira, na Ronda da Muralla, na dirección da circulación, discorrendo pola Ronda ata chegar á altura da Rúa do Teatro, xiro á esquerda e subida - Santo Domingo-, xiro á esquerda rúa da raíña-paso por LIÑA DE META-xiro á dereita baixando pola rúa da Praza Maior-xiro á esquerda por Bispo Aguirre, a carón do Círculo das Artes; xiro á dereita cara a rúa Vilalba, enfilando recto ata a Avda Ramón Ferreiro ata a altura da rúa Pintor Corredoira. Despois haberá un cambio de sentido de novo pola Avda Ramón Ferreiro – xiro á dereita en dirección a Anxo López Pérez en dirección á Ronda da Muralla discorrendo por ela ata a altura da Porta de Santiago, onde as corredoras e corredores desviaranse cara á rúa Recatelo, rúa Ribadeo (meta voante El Progreso), rúa Xeral Tella, Praza de Avilés, xiro á dereita Dtor Portela -ida e volta- seguindo recto en dirección Avda Rodríguez Mourelo, xiro á dereita cara á Avda. Ramón Ferreiro, xiro á esquerda (180º) á altura de Pintor Corredoira, para voltar pola avda. Ramón Ferreiro, rúa Anxo López Pérez, Praza da Constitución, Ronda da Muralla ata a altura da Porta de Santiago, onde as persoas participantes subirán ao adarve da Muralla pola rampla fronte á Catedral para xirar á esquerda e afrontar unha volta polo adarve da Muralla ata chegar de novo á rampla, onde se baixará cara á Praza Pío XII, rúa Bo Xesús, Praza Sta. María, Alférez Provisional, rúa do Colexio dos R.R.P.P. Franciscanos (Praza Maior), e chegada á meta, situada ao carón da Casa do Concello.

A recollida de dorsais poderá facerse na semana da proba, entre os dias 13 e 16, nas instalacións de Decathlon Lugo, inclusive o mesmo 16, día da proba,, para todas aquelas persoas que veñan de fóra da cidade e non poideran recollelo días antes. Deberán de ter en conta que o centro de Lugo pecharase preto das 11:00 h, que é cando se inician as probas de menores.

Esta edición colabora a favor de UNICEF, de xeito que 1 euro de cada unha das inscricións de adultos irá destinado á súa causa solidaria.

Noticias relacionadas