Aberta a inscrición para os cursos didácticos sobre educación viaria, que o Concello organiza en xullo no Parque Infantil de Tráfico

As persoas interesadas poden inscribirse ata o 14 de xuño, de 09:00 a 13:30 horas, no PIT ou na Xefatura Provincial de Tráfico. A lista de admitidos e admitidas publicarase o 21 de xuño

As actividades terán lugar do 1 ao 26 de xullo, ben de mañá ou de tarde. Estableceranse distintos grupos en función da idade

Luns, 03 de xuño de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Parque Infantil de Tráfico do Concello abriu hoxe luns, 3 de xuño, as insricións para os cursos didáticos sobre educación viaria, que a entidade local organiza un verán máis, concretamente do 1 ao 26 de xullo, nas propias instalacións do PIT.

Todos as persoas interesadas poderán inscribirse ata o 14 de xuño, no Parque Infantil de Tráfico ou na Xefatura Provincial de Tráfico, en horario de 09:00 a 13:30 horas. Deberán achegar a solicitude debidamente cumprimentada, a autorización familiar e unha fotocopia do DNI ou do Libro de Familia. A lista de admitidos publicarase o 21 de xuño no taboleiro de anuncios do Concello, no Parque Infantil de Tráfico, na páxina web do Concello www.lugo.gal e na Xefatura de Tráfico. A inscrición é totalmente gratuíta.

Trátase duns cursos organizados pola entidade local, xunto á Dirección Xeral de Tráfico, dirixidos a nenos e nenas, entre os 8 e 16 anos, que busca que os rapaces e rapazas adquiran condutas e comportamentososeguras, tanto como peóns, como usuarios do transporte público e privado. Así mesmo aprenderán hábitos correctos e seguros tanto en vías urbanas como interurbanas, situacións de tráfico reais, e a importancia da sinalización vertical e horizontal, os semáforos ou a importancia de utilizar o chaleco reflexante, o casco ou o cinturón de seguridade.

Concello e DXT fan un chamamento á participación nestas actividades, dada a súa importancia para introducir no ámbito educativo o concepto de seguridade viaria ao tempo que os nenos e nenas coñecen os bos hábitos na vía pública.

Estableceranse distintos grupos en función das idades dos cativos e cativas, non superiroes a 15 alumnos e alumnas. As actividades desenvolveranse en horario de mañá, de 10:30 a 13:30 horas, e de tarde, de 18:00 a 20:30 horas, e cada grupo, asitirá ao menos durante unha semana seguida que será asignada previamente, recibindo formación teórica e práctica.

Máis información en www.lugo.gal ou no teléfono de atención cidadá 010. 

Noticias relacionadas