Aberta a convocatoria de axudas para a contratación temporal das persoas participantes no obradoiro ‘InteracTICvate’ do Concello de Lugo

Son contratos temporais cunha subvención fixa de 1.500 € por traballador

O Obradoiro impulsa a cualificación profesional e a inserción laboral dos seus participantes

O prazo finaliza o 18 de agosto

Venres, 09 de agosto de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Aberta a convocatoria a empresas de axudas por importe de 9.000,00 euros para atender ao custo dun total de 6 incentivos á contratación laboral por conta allea do persoal participante no obradoiro dual de emprego InteracTICvate impulsado polo Concello de Lugo e impartido no CEI Nodus. Os perfís laborais no ámbito das materias impartidas no obradoiro de emprego son os seguintes: fotógrafos, reporteiros e/ou informadores gráficos, retocadores fotográficos, retocadores fotográficos dixitais, operadores de imaxe fotográfica, foto fixa, técnico/a de servizos culturais, técnico/a de servizos culturais.

O obxectivo deste obradoiro foi a elaboración da aplicación, ‘Lugo na memoria’: http://www.lugonamemoria.gal/ coa que a rexedora, Lara Méndez quere “pór en valor de xeito atractivo a enorme riqueza patrimonial e cultural co concello”, recolle tres itinerarios: o que segue o trazado do Camiño Primitivo (desde a Porta de San Pedro a Porta de Santiago); outro que parte de Obispo Aguirre e sae por San Fernando, e o terceiro que recolle a ampliación urbanística do século XIX (Progreso, Estación).

Dispoñible na web do Concello de Lugo dende o pasado venres 2 de agosto, lembrar que na mesma plataforma, o Concello de Lugo habilitou un correo electrónico: lugonamemoria@lugo.gal para todo aquel que queira aportar material gráfico ou información para o enriquecemento desta aplicación e dar a coñecer o patrimonio de Lugo dende diferentes enfoques.

Este curso levado a cabo con axudas da Xunta de Galicia deu a oportunidade de formarse en novas tecnoloxías. As políticas de emprego non son competencia do Concello de Lugo pero si son un tema que a alcaldesa, Lara Méndez ten moi presente.

Noticias relacionadas