A concelleira Ana Abelleira reúnese con FADAS para atender a súa petición dun local municipal para un taller de costura creativa

 O executivo de Lara Méndez reforza a colaboración coas asociacións que traballan cos colectivos máis vulnerables para axudar á súa inserción socio-laboral.

Domingo, 30 de maio de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A concelleira Ana Abelleira reúnese con FADAS para atender a súa petición dun local municipal para un taller de costura creativa

A concelleira de Desenvolvemento Local, Ana González Abelleira, recibirá mañá, no Centro de Emprendemento, á Federación de Asociacións de Ámbito Social (FADAS) para ensinarlles zonas dispoñibles nestas instalacións municipais co fin de que poidan instalar alí un taller de costura creativa.

“O noso obxectivo é dar resposta a unha petición que nos presentou FADAS e colaborar coas asociacións que forman parte dela para impulsar a inserción socio-laboral dos colectivos vulnerables”, sostén a edil.

FADAS presentou esta solicitude ao Concello co fin de montar un taller téxtil que busca non só axudar á empregabilidade cunha maior formación das persoas que traballen nel, senón tamén dotalas de ferramentas para que gañen en confianza e autoestima persoal.

O executivo de Lara Méndez reforza, así, a súa colaboración co tecido asociativo da capital, especialmente con aquelas entidades que atenden aos sectores con maiores dificultades de integración.

Noticias relacionadas