A Alcaldesa participa no I Encontro Sonrisas de Lugo no HULA

Lara Méndez levou un agasallo para os pequenos e pequenas hospitalizadas coa finalidade, precisamente, de sacarlles unha sonrisa e de facer máis agradable a súa estancia no centro

Xoves, 06 de xuño de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa participa no I Encontro Sonrisas de Lugo no HULA

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acudiu este xoves á instalacións do HULA para manter unha xuntanza moi especial, o I Encontro Sonrisas de Lugo, organizado pola Asociación Sonrisas. Trátase dun colectivo que busca proporcionar alegría e benestar ás nenas e nenos que se atopan hospitalizados en calquera parte de España, para facer a súa situación máis fácil. Méndez levou un agasallo para os pequenos e pequenas coa finalidade, precisamente, de sacarlles unha sonrisa e de facer máis agradable a súa estancia no hospital.

Nesta visita tamén participaron nenos e nenas que estudan en Lugo así como membros da Policía Local, Policía Nacional, Garda Civil, Garda Civil de Tráfico, AXEGA e axentes forestais, entre outros; para que os menores poideran coñecer as diferentes unidades que compoñen os corpos e forzas de seguridade.

Noticias relacionadas