O Goberno facilita a busca de traballo á veciñanza luguesa con obradoiros de formación gratuítos

O prazo de inscrición dos talleres estará aberto dende o luns 5 e ata o 15 de novembro. Para anotarse é preciso enviar o formulario, que pode descargarse en www.lugo.gal, ao enderezo EuropeDirect-Lugo@concellodelugo.org, ou ben entregalo nas instalacións do EspazoLab

O Concello organiza estes obradoiros, que se celebrarán do 20 ao 23 de novembro no Espazo Lab, dentro da Semana Europea do Emprego, na súa aposta por favorecer a inserción laboral e a creación de emprego

Venres, 02 de novembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
llamamos al usuario entramos en remoto y revisamos el correo, se realizan pruebas de envio y recepción y funciona correctamente ,aprovisionamiento.clesa@cluncoop.es, D.Manolo nos comenta que solo le ha pasado con 1 persona y en el buzon de entrada vemos q

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, anunciou este venres, na Sala de Usos Múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, os novos obradoiros que preparou o Goberno de Lugo coa finalidade de facilitar formación á veciñanza na busca dun posto de traballo. Trátase dunha nova iniciativa, que organiza o Concello a través de Europe Direct-Lugo, o Centro de información europea do Concello, que se celebrará do 20 ao 23 de novembro no Espazo Lab, enmarcada dentro da Semana Europea de Emprego.

Esta iniciativa responde ademais ao compromiso do Goberno coa creación do emprego, independente de non ter as competencias. No marco do esforzo e do seu traballo para promover a inserción laboral, Ana Prieto lembrou que a día de hoxe, o Concello ten proxectos en marcha de máis de 2 millóns de euros e preto de 300 persoas beneficiarias, entre o plan Empregalia, Inicia Coworking, o viveiro de empresas a pé de rúa na Tinería, os obradorios Fórum 4.0 e InteracTICvate ou o Mellora lUgo 2018.

O prazo de inscrición para estes obradoiros está aberto dende o luns, 5 de novembro e ata o 15 de novembro. Para anotarse é preciso enviar cuberta unha ficha de inscrición (que se pode descargar na web do Concello, www.lugo.gal), a EspazoDirect-Lugo@concellodelugo.org, ou entregala nas propopias instalacións do Espazo Lab. Realizaranse dous obradoiros simultaneamente coa mesma temática pero adaptándoas ao nivel de formación das persoas solicitantes: un para alumnado da UNED, de aí a asistencia á rolda de prensa da directora da UNED en Lugo, Ana Traseira; persoas con titulación media e superior; e outro para outras persoas interesadas.

Os obradoiros

Os obradoiros para a busca de emprego e as datas nas que se impartirán son os seguintes:

  • Día 20: Tomando o pulso á situación actual
  • Día 21: Coñecendo o meu obxetivo profesional
  • Día 22: Do obxectivo profesional ao Plan de acción
  • Día 23: Practicando o aprendido

O horario no que se impartirán é de 09:30 a 13:30 horas

Documentos

Audio

Noticias relacionadas