47 tapas para saborear do 7 ao 23 setembro en Lugo

Carmen Basadre e Cheché Real presentaron a décimo cuarta edición do concurso de tapas de Lugo, que convocará o mellor da gastronomía local luguesa en pequenos bocados ao longo de 16 días

O xurado popular elixirá o local gañador do concurso e e un xurado técnico o primeiro, segundo e terceiro premio, así como as maridaxes, tanto con Estrella Galicia como con viño Ribeira Sacra

Luns, 20 de agosto de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
47 tapas para saborear do 7 ao 23 setembro en Lugo

O concurso de tapas de Lugo chega con forza á súa décimo cuarta edición, con récord de participación, 47 propostas distintas. A cita será do 7 ao 23 de setembro noutros tantos establecementos da cidade.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (APEHL), Cheché Real, presentaron este luns, xunto ao presidente da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, José Manuel Rdoríguez; na Sala de Usos Múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, a nova edición deste certame, que volverá a dar a oportunidade de saborear o mellor da gastronomía local luguesa en pequenos bocados ao longo de 16 días.

No acto de presentación, Carmen Basadre puxo en valor a importancia deste concurso de tapas tanto para Lugo e para o turismo como para a hostelería local, pois xera un volume de negocio de ao redor de 200.000 euros. Así mesmo tamén tivo palabras para os establecementos participantes, que poñen a súa imaxinación ao servizo dos paladares, para o seu bo facer e polo esforzo en buscar cada ano novos traballos con produtos autóctonos.

Pola súa banda, Cheché Real reiterou o agradecemento ao Concello polo apoio incondicional a este concurso, que, por segundo ano consecutivo, celebrará a final tamén en setembro, concretamente a fin de semana do 28, 29 e 30.

As tapas estarán dispoñibles para o público como mínimo de 13:00 a 15:30 horas e de 20:00 a 22:30 horas. As persoas consumidoras votarán as tapas mediante o cupón de votación individual, que terá que ir selado polo establecemento correspondente e cuberto cos seus datos. A valoración é do 1 ao 5 e todos os cupóns entrarán no sorteo de distintos premios. Existe tamén un folleto para o seu selado, que se conta, como mímino, por 23 establecemntos optarase a unha viasxe dunha fin de semana a unha cidade europea pra dúas persoas. O xurado popular elixirá o local gañador do concurso e e un xurado técnico o primeiro, segundo e terceiro premio, así como as maridaxes, tanto con Estrella Galicia como con viño Ribeira Sacra.

Os establecementos participantes

Os 47 locais participantes neste concurso son os seguintes: 3 Pés, Abrente, Adega Correxais, Antas, A Laxa, A Rotonda, As Brasas, As Landras, Arrocería Os Cachivaches, Bulló Xantar, Campos, Canela Bakery Coffee, Casa D`Auga, Casa Paco, Cunca do Cantiño, Curruncho A Nosa Terra, Eduri, El  Boni Parrillada, El Consulado, El Riba, España, La Cosechera Gallery, La Cosechera Transandinos, La Encina, Las Cinco Vigas, Legends Café, Manuel Manuel, Medievo, Mesón Colón, Mesón de Alberto, Mesón El Castillo, Mesón Pulpería O Castelo, Millenivm, Mom&Beer Cocktail, O Castor, O Cincuenta e Seis, O Figón, O Mercado Street Food, Paprica, Parrillada Antonio, Parrillada Fonsagrada, Porta da Estación, Rosalía de Castro, Saxo, Taberna Daniel, Tía Julia e Tosar.

Máis información en www.xantardetapas.com

Audio

Documento

Noticias relacionadas