As 32.000 tapas repartidas no XII Concurso de Tapas, consolidan a Lugo como destino gastronómico

O gañador do certame, Mesón de Colón, e o gañador da tapa ecolóxica, Paprica, recolleron os seus premios de mans da Alcaldesa e da Concelleira de Cultura

Do 4 ao 6 de novembro os 12 locais finalistas, elexidos por votación popular, ofrecerán de novo as súas tapas

Xoves, 06 de outubro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
As 32.000 tapas repartidas no XII Concurso de Tapas, consolidan a Lugo como destino gastronómico

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería e Turismo de Lugo, Cheché Real, entregaron este xoves no Salón de Plenos do Concello os premios aos gañadores o XII Concurso de Tapas de Lugo, no que participaron un total de 44 locais.

No acto, a rexedora agradeceu á asociación a continuidade desta iniciativa, coa que colabora o Concello, “que defende e impulsa unha cultura moi nosa, a do tapeo”. Nesta liña, Lara Méndez tamén quixo poñer en valor a imaxinación dos 44 locais hostaleiros participantes, capaces de converter á gastronomía nun reclamo turístico e a Lugo en destino turístico gastronómico.

Pola súa banda, Carmen Basadre agradeceu o traballo que levan a cabo todos os días os hostaleiros da cidade, e o seu esforzo en facer que o turismo da cidade medre, non só o turismo do patrimonio cultural e histórico, senón do patrimonio gastronómico. Neste senso, a edil manifestou a colaboración da entidade local coa asociación para entre todos impulsar a cidade.

Cheché Real agradeceu o patrocinio do Concello a este concurso de tapas “que gozou de moi boa acollida do 9 ao 25 de setembro, repartíndose 32.000 tapas, e xerando un volume de negocio de 176.000 euros, entre clientes da cidade, de localidades próximas, de Galicia e doutros lugares, como Barcelona, Biscaia, Granada, Madrid, Tenerife, Zaragoza ou Burgos, e ata de Singapur”, tal e como deu a coñecer o presidente da APHEL.

As tapas gañadoras
O gañador desta edición foi Mesón de Colón coa tapa A sopa e o mar, e o  da tapa ecolóxica para Paprica, coa tapa AC453. Recolleron os seus premios da man da Alcaldesa e da Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua. Ademais, ao longo do acto sorteáronse os agasallos entre os clientes participantes.

Os 12 locais finalistas
Os locais e as tapas finalistas, elixidas pola votación que realizaron os clientes foron, Arrocería Os Cachivaches, Restaurante Campos, Casa María, Casa Paco, Esencia, La Encina, Manuel Manuel, Mesón de Colón, Mesón de Alberto, O Mercado Street Food, Paprica e Xoldra.

Do 4 ao 6 de novembro, estes 12 establecementos ofrecerán de novo as súas tapas. Un xurado técnico visitará os locais e logo outorgará o primeiro premio, que será o que representará a Lugo nos distintos eventos, o segundo e o terceiro premio, e as maridaxes con Estrella Galicia e viño con Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

Noticias relacionadas