31 empresas optan ás subvencións do Plan Urban na última convocatoria deste ano

Martes, 29 de novembro de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

31 empresas presentaron solicitudes ás subvencións que concede o Plan Urban, programa que financian a Unión Europea, a Deputación e o Concello de Lugo, na última convocatoria do ano 2011.

Nesta última convocatoria para as axudas que dá este ano o Plan Urban presentáronse cinco solicitudes na liña de subvencións que se conceden para a creación de novas empresas, dez para adquisición de mobiliario para terrazas de hostalería, catorce para a instalación ou cambio de rótulos e toldos e outras dúas para o acondicionamento de fachadas.

Na liña de axudas para a creación de novas empresas recibíronse solicitudes para a instalación dunha zapatería, unha óptica, unha tenda de téxtil, unha cafetería e un bar de tapas no Mercado de Abastos.

Entre as solicitudes para terrazas de locais de hostalería figuran os establecementos situados na praza Maior.

O Concello leva concedido, grazas ó Plan Urban, 129 axudas por importe de 289.000 euros para a instalación ou mellora de empresas e negocios no Casco histórico de Lugo. Entre locais de negocio e establecementos de hostalería distribuíronse 119 axudas por importe de 211.000 euros e outras 10 subvencións cunha cuantía de 78.000 euros foron para a creación de novas empresas.

O proxecto Urban ofrece axudas para a creación de novas empresas no Casco histórico de Lugo por unha cuantía máxima de 40.000 euros e tamén establece achegas adicadas a locais de negocio para a instalación de terrazas, rótulos, toldos e mellora de fachadas que poden chegar ata 25.000 euros.

A concesión das subvencións nesta última convocatoria de 2011 resolverase nos próximos días.

www.lugo.es/urban

 

Noticias relacionadas