300 profesionais amosan a súa arte en vivo na segunda xuntanza de palilleiras de Lugo

Sábado, 02 de xuño de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
300 profesionais amosan a súa arte en vivo na segunda xuntanza de palilleiras de Lugo

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Deputada de Cultura, Pilar García, participaron este sábado no PalillAD, o segundo encontro de palilleiras que organizan Concello e Deputación na capital lucense para poñer en valor o seu traballo artesanal, que é transmitido de xeración en xeración. Nesta edición participaron 300 palilleiras procedentes de Lugo, A Coruña, Ourense, Vigo, Porriño, Cedeira, Begonte, Sarria, Montrove, Arteixo, Burela, Terra Chá, Xove e Valdoviño, que palillaron agrupadas por colectivos intercambiando os seus coñecementos e mostrando o seu traballo.

A xuntanza contou cun mercado de materiais para o encaixe grazas á colaboración da Asociación Agulla Máxica de Lugo. Ademais, nos establecemos hostaleiros da zona ofrecéronse menús con prezos especiais grazas á colaboración da Asociación Provincial de Hostaleiros.

 

Multimedia

  • 300 profesionais amosan a súa arte en vivo na segunda xuntanza de palilleiras de Lugo

Noticias relacionadas